Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14409

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de asunción dunha competencia delegada polo Concello de Punxín.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial na sesión do día 28 de febreiro de 2014, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Punxín (recadación da taxa de subministración de auga, taxa de sumidoiros, depuración de augas residuais e canon da Xunta) nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19.9.1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 5 de marzo de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense