Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14294

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Enxeñaría Agronómica.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo, por Resolución do secretario xeral de Universidades do 28 de febreiro).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría Agronómica, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría Agronómica

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

70

Optativas

18

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

100

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Construcións e Infraestruturas Agroindustriais

4

Obrigatorio

Tecnoloxía e Planificación do Medio Rural

Xestión de Recursos Hídricos

4

Obrigatorio

Xestión Enerxética nos Procesos Agroalimentarios

3

Obrigatorio

Ordenación Rural

3

Obrigatorio

Política Agraria e Desenvolvemento Rural

3

Obrigatorio

Sistemas de Rega e Drenaxe

3

Obrigatorio

Alimentación Animal

3

Obrigatorio

Tecnoloxía da Produción Vexetal e Animal

Mellora Xenética Animal

3

Obrigatorio

Obtención e Produción de Material Vexetal

3

Obrigatorio

Sistemas de Produción Vexetal

4

Obrigatorio

Sistemas de Protección Integrada

3

Obrigatorio

Tecnoloxías da Produción Animal

4

Obrigatorio

Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias

6

Obrigatorio

Tecnoloxía das Industrias Agroalimentarias

Tecnoloxía e Seguridade Alimentarias

4

Obrigatorio

Comercialización e Marketing Agroalimentario

3

Obrigatorio

Xestión e Organización de Empresas Agroalimentarias

Dirección da Empresa Agroalimentaria

4

Obrigatorio

Xestión Loxística no Sector Agroalimentario

3

Obrigatorio

Abastecemento e Depuración de Augas

3

Optativo

Especialidade en Agroenxeñaría

Dirección de Proxectos

3

Optativo

Enerxías Renovables

3

Optativo

Xestión da Calidade Agroalimentaria

3

Optativo

Enxeñaría da Madeira Estrutural

3

Optativo

Tecnoloxía da Información Xeoespacial

3

Optativo

Calidade na Produción de Leite

3

Optativo

Especialidade en Enxeñaría da Produción do Leite

Xestión Técnico-Económica de Explotacións de Vacún de Leite

3

Optativo

Manexo de Pastos

3

Optativo

Morfoloxía e Fisioloxía da Vaca de Leite

3

Optativo

Programas de Alimentación de Vacún de Leite

3

Optativo

Sistemas de Produción e Organización do Traballo

3

Optativo

Deseño e Condución do Viñedo

3

Optativo

Especialidade en Vitivinicultura

Deseño e Xestión de Adegas

3

Optativo

Enoloxía

3

Optativo

Enxeñaría dos Procesos da Industria Enolóxica

3

Optativo

Produción Vitícola

3

Optativo

Optativo

Viticultura de Zonas Atlánticas

3

Practicum

10

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio