Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14292

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Investigación en Tecnoloxías da Información.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo de 2014, por Resolución do secretario xeral de Universidades do 28 de febreiro de 2014).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Investigación en Tecnoloxías da Información, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Investigación en Tecnoloxías da Información

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña.

Cadro 1. Resumo de materias e distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

24

Optativas

24

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos do máster en Investigación en Tecnoloxías da Información.

Materias

Créditos ECTS

Carácter

A Investigación nas Novas Tecnoloxías da Información

3

Obrigatoria

Arquitecturas Distribuídas

3

Obrigatoria

Computación Distribuída

3

Obrigatoria

Arquitectura e Tecnoloxía de Microprocesadores

3

Obrigatoria

Informática Gráfica

6

Obrigatoria

Computación Flexible para Científicos

3

Obrigatoria

Sistemas Multiaxente

3

Obrigatoria

Arquitecturas Multiprocesador

3

Optativa

Computación Paralela

6

Optativa

Deseño Electrónico Avanzado

6

Optativa

Sistemas Empotrados

3

Optativa

Procesadores de Sinal, Imaxe e Vídeo

3

Optativa

Síntes en Tempo Real

3

Optativa

Enxeñaría do Coñecemento

6

Optativa

Visión por Computador

6

Optativa

Sistemas Autónomos

3

Optativa

Fundamentos de Computación Flexible

3

Optativa

Recuperación da Información

6

Optativa

Traballo fin de máster

12

Obrigatoria