Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14289

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014 pola que se fai público o resultado do proceso de selección da convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables promovidos polos concellos, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, correspondentes ao período 2013-2014.

Por Resolución do 5 de setembro de 2013 (DOG nº 177, do 17 de setembro), modificada pola Resolución do 6 de marzo de 2014 (DOG nº 52, do 17 de marzo), fíxose público o contido das bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de aforro enerxético e fomento das enerxías renovables promovidos polos concellos, e convocáronse as subvencións para o período 2013-2014.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no diario oficial correspondente as subvencións concedidas.

Pola súa banda, o artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas, exixe publicar na páxina web a concesión das subvencións.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Facer público no Diario Oficial de Galicia o resultado do proceso de concesión das subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables promovidos polos concellos, para o período 2013-2014, convocadas pola Resolución do 5 de setembro de 2013.

2. Facer público na páxina web de Agader http://agader.xunta.es e no taboleiro de anuncios de Agader (A Barcia, 56. Laraño. Santiago de Compostela) a relación de solicitudes aprobadas, as excluídas por incumprir algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, por non presentar a documentación requirida, presentala deficientemente ou fóra de prazo, ou por ter desistido/renunciado de forma expresa, así como as que non acadaron as puntuacións mínimas acordadas pola comisión de avaliación.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Cód exp.

Denominación

Solicitante

Orzamento aceptado

Puntuación

% axuda

Importe axuda

D13-32120-0020

Instalación solar fotovoltaica conectada á rede para estación de bombeo de auga potable

Concello do Incio

21.620,00 €

39

98,7

21.338,94

D13-32120-0081

Instalación solar fotovoltaica conectada á rede para complexo polideportivo Castro de Seoane

Concello de Antas de Ulla

24.507,32 €

37

97,1

23.796,61

D13-32120-0118

Instalacion solar térmica na Escola Fogar

Concello da Fonsagrada

11.712,00 €

36

96,3

11.278,66

D13-32120-0073

Fotovoltaica Illada na EDAR de Irixoa

Concello de Irixoa

51.791,76 €

35

95,5

49.461,13

D13-32120-0078

Instalación solar fotovoltaica para aoutoconsumo da EDAR de Palmeiro-Xove

Concello de Xove

53.600,74 €

32

93,1

49.902,29

D13-32120-0116

Instalación de enerxía solar térmica en piscina municipal para a produción de AQS e piscina

Concello de Sanxenxo

88.533,17 €

32

93,1

82.424,38

D13-32120-0129

Instalación solar térmica para AQS no pavillón polideportivo

Concello de Vilamartín de Valdeorras

22.480,00 €

32

93,1

20.928,88

D13-32120-0134

Instalación solar térmica para AQS no campo de fútbol As Tornas

Concello de Oia

10.758,00 €

32

93,1

10.015,70

D13-32120-0028

Instalación fotovoltaica na estación de bombeo

Concello de Vilarmaior

11.658,67 €

31

92,3

10.760,95

D13-32120-0037

Solar Térmica (AQS) na Residencia de Ancianos Dolores Díaz de Dávila

Concello de Ortigueira

34.214,78 €

31

92,3

31.580,24

D13-32120-0046

AQS polideportivo municipal

Concello de Viveiro

20.666,88 €

31

92,3

19.075,53

D13-32120-0120

Instalación solar fotovoltaica de 11,45 kW na depuradora municipal

Concello de Catoira

25.076,64 €

31

92,3

23.145,74

D13-32120-0146

Instalación solar térmica para a produción de AQS no polideportivo do concello

Concello de Portomarín

5.928,00 €

31

92,3

5.471,54

D13-32120-0147

Instalación de paneis solares para AQS no campo de fútbol de Outeiro de Rei

Concello de Outeiro de Rei

10.244,56 €

31

92,3

9.455,73

D13-32120-0148

Instalación de paneis solares para AQS no polideportivo de Outeiro de Rei

Concello de Outeiro de Rei

10.750,91 €

31

92,3

9.923,09

D13-32120-0039

Instalacion AQS campo fútbol Vilariño

Concello de Nigrán

24.995,00 €

30

91,5

22.870,43

D13-32120-0058

Instalación de placas solares térmicas en piscina municipal

Concello de Noia

74.164,15 €

30

91,5

67.860,20

D13-32120-0061

Instalación Solar Térmica (AQS) en Piscina Municipal de Negreira

Concello de Negreira

46.553,56 €

30

91,5

42.596,51

D13-32120-0107

Instalación solar térmica para AQS e piscina na piscina municipal

Concello de Cambre

97.480,49 €

30

91,5

89.194,65

D13-32120-0130

Instalacion solar témica para AQS no polideportivo municipal

Concello da Fonsagrada

7.445,69 €

30

91,5

6.812,81

D13-32120-0135

Instalación solar fotovoltaica de 5 kW na casa do concello

Concello de Oia

8.247,84 €

30

91,5

7.546,77

D13-32120-0136

Instalación solar fotovoltaica de 5 kW na Galescola

Concello de Oia

8.247,84 €

30

91,5

7.546,77

D13-32120-0001

Instalación solar fotovoltaica no Páramo

Concello do Páramo

40.628,80 €

29

90,7

36.850,32

D13-32120-0018

Instalación enerxía solar térmica no campo de futbol de Vilasantar

Concello de Vilasantar

8.466,00 €

29

90,7

7.678,66

D13-32120-0022

Aforro enerxético na EDAR de Carballeda de Avia

Concello de Carballeda de Avia

21.930,52 €

29

90,7

19.890,98

D13-32120-0030

Instalación placas solares térmicas AQS piscina municipal

Concello de Melide

16.142,22 €

29

90,7

14.640,99

D13-32120-0047

Instalación solar térmica no pavillón polideportivo

Concello da Cañiza

16.131,00 €

29

90,7

14.630,82

D13-32120-0057

Instalación solar térmica para produción de AQS no campo de fútbol de Santa Cristina de Cobres

Concello de Vilaboa

13.629,68 €

29

90,7

12.362,12

D13-32120-0071

Instalación solar fotovoltaica illada no depósito de auga de Moncelos

Concello de Abadín

776,62 €

29

90,7

704,39

D13-32120-0106

Instalacións solares térmicas para produción de AQS na cuberta dos vestiarios do campo de futbol

Concello de Cambre

7.445,69 €

29

90,7

6.753,24

D13-32120-0113

Solar térmica (AQS) zona deportiva municipal de Dumbría

Concello de Dumbría

21.456,10 €

29

90,7

19.460,68

D13-32120-0124

Instalación solar fotovoltaica no centro cívico

Concello da Pobra de Trives

48.547,72 €

29

90,7

44.032,78