O Concello de Dumbría tramitou licenza municipal de obra e actividade de edificio destinado a refuxio de pescadores e piragüistas na Ponte Olveira. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados polas actividades que se pretenden instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas nas oficinas deste concello.
Dumbría, 24 de marzo de 2014
José Manuel Pequeño Castro
Alcalde