1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-8/2014.
2. Obxecto do contrato: desenvolvemento e xestión dos distintos campamentos municipais dirixidos a menores, ano 2014, por lotes:
Lote 1. Campamentos urbanos de verán e Nadal.
Lote 2. Campamentos de día de verán.
Lote 3. Campamentos tradicionais de verán.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: lote 1: 125.000 €; lote 2: 77.000 € e lote 3: 38.000 € (IVE 10 %, incluído en todos os casos).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) A data e a hora: publicarase no perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 25 de marzo de 2014
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública