José Manuel Yáñez Pita, en representación de Yáñez Candales, S.L., solicitou licenza municipal de actividade para a instalación dunha estación de servizo na parcela 7 do parque empresarial da Trabe (Cedeira).
En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir un período de información pública de vinte (20) días, desde a publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, para que, quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.
De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio comunícaselles aos interesados a quen non sexa posible notificar persoalmente ou cando se ignore o lugar de notificación, que están notificados para todos os efectos, que son informados do prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para alegaren o que consideren oportuno.
O expediente obxecto desta información poderase examinar no Servizo de Urbanismo e Arquitectura deste concello durante o horario de atención ao público.
Cedeira, 11 de marzo de 2014
Luis Rubido Ramonde
Alcalde