Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14399

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de nave e cambio de uso e actividade dun local dedicado a garaxe da base do 061 a local tanatorio-crematorio no parque empresarial.

Iván Rodríguez Pombo, en representación de Tanatorio Xirón, S.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal para proxecto de legalización para ampliación de nave e para cambio de uso e actividade dun local dedicado a garaxe da base do 061 a local tanatorio-crematorio nas parcelas 12, 13 e 14 do parque empresarial de Becerreá. En cumprimento do disposto no parágrafo 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Becerreá, 12 de marzo de 2014

Manuel Martínez Núñez
Alcalde