Ángeles Domínguez González solicitou desta alcaldía licenza municipal para actividade de conservatorio de música e danza que se vai situar na rúa Gabián, nº 2, baixo, neste municipio. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.
Ponteareas, 10 de marzo de 2014
Salvador González Solla
Alcalde