Grislee International Furs, S.L., solicita desta Alcaldía licenza de obra e actividade de nave para explotación de granxa de visóns, no lugar de Sabugueira-Grixalba, cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.
Sobrado, 20 de marzo de 2014
Jacobo Fernández García
Alcalde