Joaquín Portabales San Segundo solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza urbanística para a activivade de taller de reparación de coches e exposición e venda de accesorios, que se situará en Ricardo Mella (avda.) nº 121 (expediente 40931/422).
De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.
O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta 1 do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).
Vigo, 5 de marzo de 2014
Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio