Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 14 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, polo que se dá publicidade ás sancións firmes por infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laboráis.

Unha vez que adquiriron firmeza as sancións impostas ás empresas que se relacionan pola comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais, procédese a darlles publicidade, de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Traballo, do 30 de xullo de 2008, sobre publicación das sancións nesa materia e cos datos establecidos no artigo 3 da citada orde.

Exp. sancionador: RL 2010/0007-0.

Nome ou razón social da empresa: UTE Mesoiro.

Sector da actividade e CNAE: construción de edificios. (412).

CIF: U70192042.

Domicilio social: rúa Copérnico. Polígono industrial A Grela, 1-1º D. A Coruña.

Infracción cometida: artigo 13.10 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 12.2.2010.

Data de firmeza da sanción: 16.1.2014.

Exp. sancionador: RL 2010/0017-0.

Nome ou razón social da empresa: Arán Feijóo Covelo, S.L.N.E.

Sector da actividade e CNAE: outras actividades empresariais. (749).

CIF: B36941029.

Domicilio social: avda. Beiramar, 35-1º dta. Vigo.

Infracción cometida: artigo 13.11 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 19.4.2010.

Data de firmeza da sanción: 18.2.2014.

Exp. sancionador: RL 2010/0041-0.

Nome ou razón social da empresa: Grupo Jubelope, S.L.

Sector da actividade e CNAE: construción de edificios. (412).

CIF: B70130448.

Domicilio social: rúa das Flores, 6-4º B, s/n. Arteixo (A Coruña).

Infracción cometida: artigo 13.14 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 6.10.2010.

Data de firmeza da sanción: 13.12.2013.

Conforme ao disposto no artigo 2.4 da citada orde, daráselle publicidade á relación de empresas sancionadas na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar.

Así mesmo, procederase á inscrición no Rexistro de sancións pola comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais dos datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da Orde do 30 de xullo de 2008. Estes datos cancelaranse aos cinco anos contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social