Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2013/0197-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2013/0197-4.

Acta: I362013000077981.

Empresa: Braga Equipamientos de Construçao España, S.L.

NIF: B-84647593.

Enderezo: avda. de la Industria, 37-39, planta 3, of. 4; Alcobendas, Madrid.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 4 da Lei 32/2006, do 18 de outubro, e artigo 32.bis.2 e 4 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 12.28.c), 12.15.b), 39.6, 39.3.d) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 14.2.2014

Resolución: multa de 6.046 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso, incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 11 de marzo de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo