De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais e último domicilio coñecido se mencionan no anexo, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.
O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG número 190, do 1 de outubro. O prazo para a interposición do dito recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.
Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.
De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.
E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014
José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Denunciado Último enderezo coñecido |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
Sanc. 12-48-13-382 2616-CSK Celador do porto |
Rosa María García Vilariño r/ Vilicosa, 1, Queiruga, 15970 Porto do Son (A Coruña) |
Estacionamento prohibido. 16.5.2013; 18.45 horas; Ribeira (A Coruña) |
Artigo 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM Artigos 17 e 64 da Orde ministerial do 12.6.1976 |
Artigo 312 do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM |
90,15 € |