Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de aceite de oliva virxe, aceite de xirasol e ovo líquido pasteurizado por prezo unitario, mediante acordo marco, pola Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (MS-EIC1-14-007).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore, 2-1ª planta, 15001 A Coruña, teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de aceite de oliva virxe, aceite de xirasol e ovo líquido pasteurizado por prezo unitario pola Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: existen 2 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: a duración do acordo marco será de 12 meses.

f) Admisión de prórroga: o prazo de vixencia do acordo marco poderá ser obxecto de prórroga, por mutuo acordo das partes. As prórrogas non poderán ser concertadas, illada ou conxuntamente, por un prazo superior ao fixado para o contrato inicial.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) CPV: 15411200-4.

3142500-3.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 73.300,00 €.

IVE: 7.330,00 €.

Orzamento con IVE: 80.630,00 €.

5. Garantías exixidas:

• Provisional: non.

• Definitiva: si. Cinco por cento do orzamento base de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: as proposicións deberanse presentar antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integral da Coruña, Hospital Abente e Lago.

2. Domicilio: Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2-2ª planta.

3. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o previsto no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas do Hospital Abente e Lago, planta segunda, edificio da antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña. Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Data e hora: as datas de apertura do sobre «B», relativo a criterios non avaliables de forma automática, e sobre «C», relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 12 de marzo de 2014

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña