De conformidade co disposto na alínea f) do artigo 53 da Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se regula o Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolveu, con data do 28 de xaneiro de 2014, cancelar a inscrición como corredoría de seguros e por conseguinte excluír do Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, á sociedade López Sanjurjo, S.L.
A cancelación da inscrición acordouna esta dirección xeral, por incumprimento do establecido nas letras e) e f) do artigo 27.1 da Lei 26/2006, para conservar a inscrición no rexistro administrativo e faise pública de conformidade co establecido no artigo 53 da mencionada Lei 26/2006 e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014
Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro
ANEXO
Clave do rexistro: GX-025.
CIF: B-27219435.
Denominación social: López Sanjurjo, S.L.
Localidade: Monforte de Lemos (Lugo).
Data da resolución: 28.1.2014.