En sesión que tivo lugar o día 26 de marzo de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 9 de abril de 2014, no salón de actos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2014
Alfonso Diéguez García
Presidente do tribunal