De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as solicitudes de acreditación da representación do recurso interposto contra a resolución do expediente sancionador instruído por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Como queira que nos escritos de interposición dos recursos non quedan suficientemente acreditadas as representacións dos recorrentes, é polo que se require, a teor do disposto nos artigos 71 e 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que acrediten a persoa que represente as ditas entidades por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, de conformidade co artigo 32 do mesmo corpo legal.
De acordo co exposto, poderán acreditar a representación mediante documento público, documento privado con sinatura notarial lexitimada, ou mediante declaración en comparecencia persoal dos interesados.
Polo que se require para que, a teor do disposto nos artigos 70, 76 e 110 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, nos acrediten a representación que din posuír, con expreso apercibimento de que, de non facelo así, se procederá ao arquivo dos ditos escritos sen máis trámite.
E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Número recurso Expediente Matrícula Denunciante |
Recorrente |
Feito sancionado Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q. |
RA/M/2009/01229 XC-01565-O-2016 7335-DHC Garda Civil 15/E62180U |
Lorenzo Agtrans, S.L. |
A desatención total ou parcial das instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte da estrada; transportar mercadorías carecendo do correspondente certificado e da autorización administrativa (tarxeta de transporte). 18.8.2006; 17.00; AC-552; 11,200 |
RA/M/2012/00403 LU-01188-O-2012 LU-5366-G Garda Civil 2701 X17237T |
Comercial Fraver, S.L. |
Transportar mercadorías sen achegar os discos; non presentar tarxeta de condutor nin certificado de actividades. 1.6.2012; 16.00; A-6; 497,00 |
RA/M/2013/00080 LU-00530-O-2012 5261-GSH Garda Civil 2704 I64330I |
Arias Logística y Transportes, S.L. |
Transportar mercadorías sen achegar os discos. 6.3.2012; 16.58; LU-541; 00,00 |
RA/M/2013/00206 XC-00899-O-2012 2348-CNK / BI-05294-R Garda Civil 1504 H-74822-F |
Fraidatrans, S.L. |
Transportar mercadorías sen achegar os discos. 13.3.2012; 12.33; AP-9; 0093,00 |
RA/M/2013/00250 OU-00547-O-2011 2137-FMC / R-3864-BBC Garda Civil 3201 A47914C |
Volquetes Duero, S.L. |
Transportar mercadorías sen levar anotado no documento impreso a identificación e a sinatura. 11.4.2011; 11.40; A-52; 0181,00 |
RA/M/2013/00258 OU-00521-O-2011 7789-CWF Garda Civil 3203 L24919Z |
Easo Direct, S.L. |
Circular co vehículo, en baleiro, non presentado o segundo condutor o certificado de actividades segundo prevé o R CE 561/2006. 30.3.2011; 18.20; A-52; 150 |
RA/M/2014/00009 LU-01870-O-2012 7341-GRP Garda Civil 2701 C30220X |
Transportes Arrive IS S-20, S.L. |
Transportar mercadorías excedendo da MMA do vehículo. Exceso: 26 %. 3.11.2012; 8.26; N-VI; 543,800 |
RA/M/2014/00019 LU-01194-O-2012 1834-DFJ Garda Civil 2702 U89694K |
Transportes Oza, S.L. |
Transportar mercadorías sen achegar os discos. 2.6.2012; 16.50; A-6; 500,00 |
RA/M/2014/00038 PO-00404-O-2012 7703-BZV / V-10514-R Garda Civil 3603 A23980M |
Transportes C. Novoa e Hijos, S.L. |
Transportar mercadorías a unha temperatura distinta da exixida. 20.1.2012; 17.30; A-52; 281,3 |
RA/M/2014/00078 PO-00491-O-2012 1877-CDL Garda Civil 3601 U62963U |
Transportes Osara, S.L. |
Transportar mercadorías carecendo do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras. 15.2.2011; 11.01; PO-316; 1,8 |
RA/M/2014/00084 PO-02297-O-2012 ZA-0955-L / ZA-01017-R Garda Civil 1525 P11649Z |
Transport Castell-Frigo Gurp, S.L. |
Transportar mercadorías sen anotar na folla de rexistro o nome e apelido do condutor. 5.6.2012; 9.00; AP-9; 110,000 |