Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 12 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro das axudas ao programa para a promoción do emprego autónomo reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008, xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento co contido daquelas, advertíndolles que de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que corrrespondan.

Así mesmo, fáieselles saber o dereito que as asiste para presentar as alegacións e documentación que consideren máis convenientes aos seus intereses no prazo de 15 días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

A Coruña, 12 de marzo de 2014

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR 341D 2009/657-1.

Nome: Vicente Lata Navarrete.

DNI/NIE: 32723494 Z.

Último enderezo coñecido: r/ Estrada de Castela, 734-P 3D, 15570 Ferrol.

Feito imputado: non manter a actividade que fundamenta a súa concesión durante un tempo mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: o artigo 16.a) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede a súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo do inicio do procedemento do reintegro da axuda.