Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación da notificación do expediente de sanción por infracción na orde social 50/2010.

Notifícase, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a seguir se relaciona, ao non podérselle notificar por correo certificado, a resolución ditada no expediente de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral). O seu enderezo, identificación, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa: Hierros J. Pombo, S.L.U.

Domicilio: praza de Carbayón, 3, 4º C, 33001 Oviedo (Asturias).

NIF: B74014341.

Nº expediente: 50/2010.

Contía: 8.196,00 euros.

Disposición infrinxida: artigo 11.1.c) e os puntos 11.a), b) e c) do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción (BOE do 25 de outubro).

Contra esta resolución poderá interpor a interesada recurso de alzada, polo conduto desta xefatura territorial perante o director xeral de Traballo e Economía Social no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírteselle que, de non ser iniciado este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta a través de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 17 de marzo de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo