Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 15872

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado.

2. Entidade organizadora:

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Datas:

Maio 2014: 26, 27, 28 e 29.

Xuño 2014: 2, 3, 4, 5, 9, 10, 11 e 12.

4. Lugar de celebración:

Instalacións Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U. Avda. Primo de Rivera, nº 4, 2º, local 6-7, 15006 A Coruña.

5. Número de prazas:

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar dos servizos de aplicación de biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa:

Día 26.5.2014

16.00-21.15 h

Biocidas. Concepto de biocida. Historia.

Composición. Utilización de biocidas.

Clasificación dos biocidas.

Lexislación aplicable aos biocidas.

Día 27.5.2014

16.00-21.15 h

Biocidas: clasificación-almacenamento-transporte.

Lexislación aplicable aos biocidas.

A etiqueta dos envases dos biocidas. Etiquetaxe.

Día 28.5.2014

16.00-21.15 h

Biocidas: formulación-preparación de biocidas.

Lexislación de aplicación. Produtos utilizados.

Práctica-preparación de disolucións.

Día 29.5.2014

16.00-21.15 h

Riscos para o home derivados do uso de biocidas.

Prevención de riscos laborais. Relación traballo-saúde.

Toxicidade dos biocidas. Estudos de letalidade. Efectos tóxicos.

Seguridade laboral. Seguridade non laboral.

Frases H Frases P.

Día 2.6.2014

16.00-21.15 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Precaucións durante a utilización dos equipamentos. Epis de protección.

Práctica: uso adecuado dos medios de protección persoal-tipos de máscaras, protectores oculares, luvas.

Día 3.6.2014

16.00-21.15 h

Técnicas de aplicación de biocidas. Descrición dos equipamentos mecánicos.

Métodos de loita antivectorial: químicos e biolóxicos.

Tipos de boquillas.

Día 4.6.2014

16.00-21.15 h

Criterios de prevención de intoxicación por praguicidas. Condutas que se deben seguir no caso de intoxicación. Antídotos.

Práctica: primeiros auxilios. Masaxe cardíaco.

Día 5.6.2014

16.00-21.15 h

As pragas. Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas. Pragas de interese en saúde pública. Pragas de insectos. Práctica: identificación.

Día 9.6.2014

16.00-21.15 h

As pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Pragas de insectos e ácaros. Microorganismos produtores de enfermidades: bacterias e fungos.

Práctica: identificación.

Día 10.6.2014

16.00-21.15 h

Pragas de roedores. Aves. Métodos de loita antivectorial.

Métodos físicos e mecánicos. Métodos biolóxicos.

Práctica: manexo de cebos.

Día 11.6.2014

16.00-21.15 h

Biocidas e ambiente.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas de contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico.

Día 12.6.2014

16.00-21.15 h

Biocidas e ambiente.

Eliminación de envases. Pautas. Problemas derivados.

Avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas, nivel cualificado

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Datas:

Maio 2014: 26, 27, 28 e 29.

Xuño 2014: 2, 3, 4, 5, 9, 10, 11 e 12.

Lugar de celebración do curso:

Instalacións Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., avda. Primo de Rivera, nº 4, 2º, local 6-7, 15006 A Coruña.

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 16.00 ás 21.15 horas.

Nº de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviaranse a Biocontrol, avda. Primo de Rivera nº 4, 2º local 6-7, 15006 A Coruña. Tel.: 981 24 54 18. Fax: 981 16 81 59. Correo electrónico: comercial@biocontrolbcl.com, xunto do xustificante de ingreso de 520 euros/alumno na conta Biocontrol, S.L. do BBVA co número IBAN ES74 0182 2201 4502 0158 1606.

Data límite de presentación de solicitudes: ata o día 21 de maio de 2014 (15 de maio para empresas bonificadas), salvo que se cubran antes as prazas dispoñibles.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Empresa

CIF

Enderezo

Localidade

Telf.: Fax:

Correo electrónico

Apelidos:

Nome:

NIF: