Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 16047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2014 pola que se fai pública a adxudicación e formalización de varios contratos administrativos.

Para os efectos do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que, mediante resolucións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en uso das facultades conferidas pola Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS, o Decreto 288/1988, do 29 de setembro, que a desenvolve, o artigo 4.2.e) do Decreto 317/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS e a Resolución do 23 de xuño de 2010, de delegación de funcións en materia de contratación no director xeral do IGVS, foron formalizados os seguintes contratos:

1. Título: servizo consistente na vixilancia encargada da seguridade das obras promovidas polo IGVS no polígono de Bertón. Ferrol. Exp: C-2008/706-707.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto.

• Data de resolución de adxudicación: 22.2.2014.

• Adxudicataria: Compañía de Protección y Vigilancia, Galaica, S.A.

• Importe: 36.900,00 €, (IVE excluído).

• Formalización: 28.2.2014

2. Título: contrato privado do seguro de multirrisco do fogar para as vivendas arrendadas na Comunidade Autónoma de Galicia no marco do programa Aluga. Exp.: IGVS04-13.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto e trámite urxente.

• Data de resolución de adxudicación: 28.2.2014.

• Adxudicatario: Seguros Bilbao Grupo Catalana Occidente.

• Importe: valor estimado da prima por vivenda de 102,00 €. Estimándose en 900 as vivendas aseguradas para o contrato o importe total sería de 91.800,00 €.

• Formalización: 7.3.2014.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo