Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 16045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de abril de 2014 polo que se procede á notificación por comparecencia da devolución de garantías definitivas canceladas de varios contratos administrativos de obras.

En relación cos actos administrativos de notificación de devolución das garantías definitivas canceladas correspondentes aos contratos administrativos de obras rematados axeitadamente e relacionados na táboa do anexo a este anuncio, de conformidade co establecido no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público e, ante o resultado negativo de dous intentos de notificación da devolución de garantías definitivas referidos nos contratos administrativos sinalados no anexo que se achega nos enderezos sinalados polas empresas adxudicatarias dos ditos contratos, e para que sirva de notificación da referida posta á disposición da devolución das garantías, emprázanse as ditas empresas para que comparezan ante a entidade pública Augas de Galicia, situada na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo, en Santiago de Compostela, en horario de oficina de luns a venres desde as 9.00 ás 14.00 horas, no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Se transcorrido o dito prazo non tivesen comparecido os interesados, a notificación dos actos administrativos a que se refiren este anuncio, entenderase producida a todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer, procedéndose á entrega dos xustificantes orixinais das mencionadas garantías ás entidades que correspondan segundo a táboa do anexo a este anuncio.

Así mesmo, remitirase este anuncio de notificación de devolución de garantía definitiva aos concellos dos enderezos sinalados polas empresas adxudicatarias destes contratos administrativos para recibir as notificacións, para que procedan á colocación nos seus respectivos taboleiros de anuncios da notificación de comparecencia dos actos administrativos de notificación de devolución de garantía definitiva ata o día que venza o prazo para comparecer sinalado no parágrafo anterior.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2014

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO
Relación de garantías definitivas a devolver

Clave

Título

Garantido

Nº rexistro do xustificante

Data do depósito

Garante

OH.215.681

Mellora das infraestruturas hidráulicas na Comunidade Autónoma. Captación e depósito nas Cernadas. Val do Dubra

(A Coruña)

Gaos Contratas y Construcciones, S.L.

2186/2005

5.10.2005

Compañía Española de Seguros y Reaseguros de Crédito y Caución, S.A.

OH.227.444

Abastecemento de auga a Vilarmide e Vilaxe. A Pontenova (Lugo)

2643/2005

22.11.2005

OH.336.852

Saneamento nas zonas rurais e aliviadoiro de pluviais en Bueu (Pontevedra)

Hidroscivil, S.L.

1021/2008

10.12.2008

Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Madrid

OH.336.832

Saneamento no lugar de Outeda e Curro. Barro (Pontevedra)

Transportes y maquinaria, S.L.

185/2009

13.2.2009

Caixa D´stalvis de Catalunya

OH.336.880

Proxecto de saneamento en Gaxate.

A Lama (Pontevedra)

Roymer Obra Civil, S.L.

2103/09

15.12.2009

Banco Vitalicio de España

394/11

25.3.2011

La Estrella, S.A. de Seguros y Reaseguros

OH.336.862

Saneamento na Cacheda. O Rosal (Pontevedra)

Roymer Obra Civil, S.L.

187/2010

25.2.2010

Banco Vitalicio de España

OH.536.850

Saneamento e abastecemento na parroquia de Abalo, 2ª fase. Catoira (Pontevedra)

Marco Obras y Proyectos de Arosa, S.L.

1029/2010

21.6.2010

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.