Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 16050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 17 de marzo de 2014, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente VP-C-69/13 e tres máis.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 y 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, calle Vicente Ferrer, 2, piso 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 17 de marzo de 2014

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 69/13.

Denunciado: Andrés Cimadevila Campos.

VP-C 70/13.

Denunciado: Eloy Maceiras Vidal.

VP-C 77/13.

Denunciado: Cipriano Pardo Rodríguez.

VP-C 80/13.

Denunciada: Mª Jesús Vispalia Pernas.

Actos notificados: acordo de incoación do procedemento sancionador en materia de vivenda.