Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 16051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de reactivos, medios de cultivo e elementos accesorios necesarios para a realización das analíticas establecidas polos programas de hixiene alimentaria e sanidade ambiental da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública (MS-CON1-14-004).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 6.5.2014.

d) Número de expediente: MS-CON1-14-004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de reactivos, medios de cultivo e elementos accesorios necesarios para a realización das analíticas establecidas polos programas de hixiene alimentaria e sanidade ambiental da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/6.

d) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

Oferta económica

Prazo de entrega

(0-100)

0-90

0-10

4. Valor estimado do contrato: 417.478,39 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 173.949,33 euros. Importe total: 210.477 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver puntos 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 6.5.2014.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidira en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, ver punto 26 da folla de especificacións.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20.3.2014.

12. Outras informacións: si, ver punto 27 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos