A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xustifícase polas necesidade de adaptación da mesma á estrutura orgánica da Consellería.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 3 de abril de 2014, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.
Segundo. Ordénase a publicación da mesma no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 3 de abril de 2014, relativo a aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coa finalidade de cumprir dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda de 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2014
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública