Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 15988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 21 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican Francisco Serradilla Ballinas, como interesado, as resolucións de denegación das solicitudes de concesións derivadas do permiso de investigación La Encina fracción primeira, número 5539.1, La Encina fracción segunda, número 5539.2 e La Encina fracción cuarta, número 5539.4 e a resolución pola que se desestima a solicitude de transmisión do permiso de investigación La Encina número 5539, da provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a Francisco Serradilla Ballinas, con último enderezo coñecido na rúa 2 de Mayo, 32, 1º esquerda, 24400 Ponferrada (León), as resolucións de denegación das solicitudes de concesións derivadas do permiso de investigación La Encina fracción primeira, nº 5539.1 La Encina fracción segunda, nº 5539.2 e La Encina fracción cuarta, nº 5539.4 e a resolución pola que se desestima a solicitude de transmisión do permiso de investigación La Encina nº 5539, desta provincia, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Contra estas resolucións o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ou recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do seguinte á publicación desta cédula, sen prexuízo de calquera outro recurso que consideren pertinente ao seu dereito.

Lugo, 21 de marzo de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 xullo)
María Aurora Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas de Lugo