Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 15986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2014/3-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Sartédigos II.

Situación: Ourense-Coles.

Características técnicas:

LMT subterránea, a 20 kV, de 987 m con condutor RHZ1-12/20 KV-3×150 AL, con orixe na LMT ao CT Sartédigos I con paso aéreo a subterráneo, e remate no CT proxectado Sartédigos II, de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aerosubterránea de 940 m en aéreo, con condutor RZ, e 52 m en subterráneo, con condutor XZ1, derivada do CT proxectado.

Orzamento: 171.831,01 euros.

Vistas as alegacións presentadas por Eladio Fernández Hermida, quen solicita que a empresa considere outro punto para situar o centro de transformación, xa que no lugar previsto en proxecto para aquel se ve afectado o acceso á súa propiedade, así como a contestación a aquelas alegacións dadas por Unión Fenosa Distribución, S.A.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 27 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, asinado o 25.11.2013 polo enxeñeiro industrial colexiado nº 2633 do ICOIIG, con visado nº 20132685, do 20.12.2013, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Desestimar as alegacións presentadas á vista dos acordos asinados pola distribuidora e considerando tamén que, como sinala aquela, a instalación do CT non impide en ningún caso a pasaxe á parcela do reclamante.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Ourense, 17 de marzo de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial