Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 15944

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (456/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 456/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo contra Servizo Galego de Saúde e Sergio Visus Torralba sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Reforzo.

Sentenza nº 102/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: seguridade social 456/2012.

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Letrada: Sra. Llan Lodos.

Demandados:

– Servizo Galego de Saúde.

Letrado: Sr. Carballal Lugrís.

– Sergio Visus Torralba.

Letrado:

A Coruña, 27 de febreiro de 2014

Resolvo:

Desestimo a demanda formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte ao Servizo Galego de Saúde e, en consecuencia, absólvoo de todas as peticións formuladas contra el.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Sergio Visus Torralba, en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de marzo de 2014

A secretaria xudicial