Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 15946

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (457/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento prestacións seguido neste xulgado co número SSS 457/2012, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Reforzo.

Sentenza nº 695/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: seguridade social 457/2012.

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Letrado: Sr. Esteban Juega.

Demandados:

– Servizo Galego de Saúde.

Letrados: Sr. Carballal Lugrís.

– Esteban Fontenla Ares.

Letrado:

– Salgado Congelados, S.L.

Letrado:

A Coruña, 29 de novembro de 2013

Resolvo:

Desestimo a demanda formulada pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte ao Servizo Galego de Saúde, Salgado Congelados, S.L. e Esteban Fontenla Ares e, en consecuencia, absólvoos de todas as peticións formuladas contra eles.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esteban Fontenla Ares, en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de marzo de 2014

A secretaria xudicial