Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 16055

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do expediente da modificación puntual número 13 do vixente Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación de Lalín, na sesión do 31 de marzo de 2014, aprobou inicialmente o expediente da modificación puntual nº 13 do vixente Plan xeral de ordenación municipal de Lalín ampliación SG-EQ.3. Cemiterio municipal da Romea. Botos.

En cumprimento do artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, acordouse expoñer ao público o expediente como trámite de información pública durante o prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser consultado en horario laboral na Secretaría Xeral do Concello e presentar, se é o caso, alegacións ou reclamacións a el.

Lalín, 3 de abril de 2014

P.D.
Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo