Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 16056

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO de licitación do contrato de servizo de limpeza e conserxería do local social da Rúa.

a) Obxecto do contrato: servizo de limpeza e conserxería do local social da Rúa.

b) Procedemento: aberto, varios criterios de adxudicación. Todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos do contrato cos licitadores, de acordo co artigo 157 do TRLCSP.

c) Orzamento de licitación:

Orzamento anual: 34.128,99 euros e 7.167,09 euros de IVE.

Orzamento máximo do contrato, incluíndo as posibles prórrogas: 204.773,94 euros máis IVE.

As proposicións económicas dos licitadores non poderán exceder deste orzamento.

d) Aplicación orzamentaria: 334-227.00.

e) Duración: 4 anos, sendo prorrogable por acordo das partes por 2 anos máis.

f) Lugar de entrega das proposicións: Rexistro Municipal. Concello de Miño, rúa Carreira, 38, 15630 Miño. Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Prazo de entrega de proposicións:

Presentación de ofertas: 15 días naturais contados desde a derradeira publicación oficial do anuncio de licitación. O anuncio de licitación publicarase no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no perfil do contratante.

h) Mesa de contratación: si.

i) Fianzas: non se exixe fianza provisional. Definitiva: 5 % do orzamento máximo anual do contrato, excluído o IVE.

j) Perfil contratatante: www.concellodemino.com

Miño, 19 de marzo de 2014

Eva Vilariño González
Concelleira delegada da área de Urbanismo, Facenda e Persoal