Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 16058

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO do 19 de marzo de 2014 sobre o trámite para a creación da bandeira deste concello.

O Concello de Tomiño, mediante acordo adoptado no seu pleno do pasado 27 de febreiro, acordou iniciar o trámite correspondente para a creación da bandeira deste concello a teor do disposto na Lei 5/1997, do 22 de xullo.

Dado que non se ten constancia de antecedentes ao respecto non se redactará, en principio, memoria histórico-heráldica e/ou vexilolóxica subscrita por un especialista, encomendando, se é o caso, á Comisión Heráldica a que faga a correspondente proposta que deberá ser aprobada igualmente polo Pleno deste concello.

O acordo plenario a que se refire o punto anterior, polo presente edicto sométese ao trámite de información pública polo prazo dun mes mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos co obxecto de que se poidan efectuar alegacións ao citado acordo.

O Pleno deste concello resolverá as alegacións e remitirá todo o actuado a Comisión Heráldica creada polo Decreto 258/1992, do 10 de setembro, como órgano consultivo da Xunta de Galicia, a quen lle corresponde emitir informe vinculante nos procedementos de aprobación, modificación, ou rehabilitación de brasóns ou bandeiras das entidades locais, co obxecto de que faga a correspondente proposta que deberá ser aprobada igualmente polo Pleno deste concello.

Tomiño, 19 de marzo de 2014

Sandra González Álvarez
Alcaldesa