Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2014 pola que se aproba o documento da delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Brens-Cee (A Coruña).

A área de explotación e planificación portuaria do ente público Portos de Galicia redactou e tramitou o documento de delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Brens-Cee, instalacións portuarias situadas no termo municipal de Cee, na provincia da Coruña, e adscritas ao ente público para a súa xestión. Este documento foi redactado de acordo coa formulación prevista no artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro (Boletín Oficial del Estado núm. 253, do 20 de outubro), aplicable ao dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Na reunión do Consello de Administración de Portos de Galicia realizada o día 28 de febreiro de 2014, este acordou dar a súa conformidade á delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Brens-Cee, segundo o disposto no artigo 13.e) do Decreto 227/1995, de 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do ente público, modificado polo Decreto 83/2002, do 28 de febreiro, e o referido artigo 69 do texto refundido, así como elevalo e propoñelo para a súa aprobación.

Unha vez vistos o expediente e o informe-proposta da xefa da área de explotación e planificación portuaria do 24.2.2014, que conta coa conformidade do director de Portos de Galicia, así como o acordo do Consello de Administración de Portos de Galicia do 28.2.2014, que dá a conformidade á delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Brens-Cee, elevándoo e propoñéndoo para a súa aprobación, o presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar conferida por Orde do 30 de marzo de 2012,

resolve:

Aprobar o documento da delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Brens-Cee (A Coruña), asinado en xuño de 2012 polos enxeñeiros de camiños, canles e portos Andrés Cervantes Refojos, como xefe do departamento de planificación portuaria e por Ana Isabel Calzadilla Bouzón, como xefa da área de explotación e planificación portuaria.

O que se fai público en cumprimento do artigo 69.6 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia