Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 20 de marzo de 2014 pola que se lle notifica ao interesado que se indica a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, na cal se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: OR-93/501 conta 157.

Nome: Jesús González Iglesias.

Últimos domicilios coñecidos: rúa D, número 1-bloque 4 9º A, Ourense; e A Touza-Espiñeiro, comarcal OR-320, 11, Taboadela.

Indicación do contido do acto que se notifica: notificación da cantidade exixible resultante da liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

Trátase dun acto de trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, non poderá interporse ningún recurso.