Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2014/9-2, 8146 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento provisional na r/ Peregrino.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

– LMTA illada trenzada con orixe nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio proxectado tipo FL-CH-11P/2500 e final nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio proxectado tipo FL-HVH-12/2500, cunha lonxitude de 49 metros en condutor tipo RS 12/20 3×150 mm2.

– LMTS na r/ Peregrino, con orixe na LMTS a CT Peregrino, 31 (27CS61) e final na LMTS a CT Benigno Quiroga, 23 (27SQ10), cunha lonxitude de 57 metros en condutor RHZ1 12/20 KV 3×240 mm2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 18 de marzo de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas