Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 26 de marzo do 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do instrutor dos procedementos sancionadores PO.26/2013 e PO.29/2013 por infraccións en materia de comercio.

Con datas do 11 e 18 de marzo de 2014, o instrutor dos procedementos ditou propostas de resolución dos procedementos sancionadores PO.26/2013 e PO.29/2013, incoados pola xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra contra Enzo Durán Pujales, titular do establecemento comercial La Cigüeña Pedigüeña.

Intentada a notificación das propostas de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle á interesada o contido da dita proposta, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Advírteselle ao interesado que, en cumprimento do artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle un prazo de quince (15) días, desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sito na praza da Estrela, s/n, de Vigo.

Vigo, 26 de marzo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PO.26/2013.

Interesada: La Cigüeña Pedigüeña; de Enzo Durán Pujales, na rúa Álvaro Cunqueiro, 14, 36211 Vigo (Pontevedra). NIF 39464250E.

Feitos imputados: unha infracción leve en materia de comercio.

Precepto infrinxido: artigo 10.7 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

Sanción proposta: unha multa de 200 euros (douscentos euros).

Expediente: PO.29/2013.

Feitos imputados: unha infracción grave en materia de comercio.

Preceptos infrinxidos: artigos 44.2 e 44.3 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

Sanción proposta: unha multa de 1.501 euros (mil cincocentos un euros).