Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o Plan de restauración da explotación mineira Monte Neme.

Visto o artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xullo, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE número 143, do 13 de xuño), que dispón que os plans de restauración se someterán ao trámite de información pública durante trinta días, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

ACORDA:

Someter a información pública a solicitude da empresa Leitosa, S.A.U. de aprobación do Plan de restauración da explotación mineira Monte Neme, no lugar de Monte Neme, concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños.

Todas as persoas que se consideren afectadas poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña, ou no portal da dita consellería (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras) e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia. As alegacións presentaranse dirixidas á Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria durante o prazo sinalado, en calquera dos lugares recollidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 12 de marzo de 2014

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña