Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de acondicionamento e reparación no Teatro Coliseo Noela, en Noia.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19003

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 186, do 30 de setembro de 2013.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: obras.

Descrición: acondicionamento e reparación no Teatro Coliseo Noela, en Noia (A Coruña).

Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 244.253,34 €, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 7 de marzo de 2014.

b) Data da formalización do contrato: 24 de marzo de 2014.

c) Contratista: Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez (RESCONSA).

d) Importe de adxudicación: 198.822,22 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria