Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 17 de marzo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se notifica a resolución recaída na solicitude de reintegro de gastos da prestación ortoprotésica a Araceli Bordes García.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Araceli Bordes García a resolución de expediente de reintegro de gasto de prestacións ortoprotésicas.

No expediente de reintegro de gasto (RGO-2014000913-CS) resolveuse declarar a solicitante desistida da súa solicitude, por non ter achegado a documentación requirida en trámite de emenda, de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que prevé:

…Se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior e os exixidos, se é o caso, pola lexislación específica aplicable, se requirirá o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falla ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, si así non o fixer, se lle terá por desistido da súa petición…

Contra esta resolución a interesada poderá interpoñer reclamación administrativa previa á vía xurisdicional social, no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ao da súa notificación, de acordo co preceptuado polo artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 5 de xullo de 2012)
Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela