Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16359

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do concello.

Aprobado inicialmente, por acordo plenario do 14 de marzo de 2014, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal do concello de Coles para a adaptación do núcleo Prados á Lei 2/2010, de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que forma o expediente poderá ser examinada nas dependencias municipais, durante o dito prazo, por calquera persoa interesada, para coñecela e formular as alegacións que xulgue pertinentes.

Quedan suspendidas, durante dous anos, as licenzas urbanísticas en Prados (Ribela), salvo nos casos que cumpran simultaneamente o planeamento vixente, o PXOM aprobado inicialmente e a modificación a que se fai referencia neste anuncio. Esta suspensión extinguirase coa aprobación definitiva desta modificación.

Coles, 14 de marzo de 2014

Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde