Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16360

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público complementaria do ano 2010.

Con data do 22.12.2010, a Alcadía deste concello aprobou a oferta de emprego público complementaria do ano 2010 co seguinte contido:

Visto o cadro de persoal deste concello, incluído no orzamento municipal 2010, en vigor desde o pasado 29 de xaneiro de 2010.

Tendo en conta o disposto no artigo 21.1.g) da Lei reguladora das bases do réxime local, que atribúe competencia á Alcaldía para aprobar a oferta de emprego público de acordo co orzamento e o cadro de persoal aprobados, e o artigo 128 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, que determina que a oferta de emprego público se aprobará e publicará anualmente dentro do prazo dun mes desde a aprobación do orzamento.

En uso das competencias que me confire a normativa vixente, pola presente resolvo:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público complementaria para este ano 2010 que, de acordo co orzamento e cadro de persoal aprobados no seu día polo Pleno da Corporación, inclúe os seguintes postos de traballo vacantes e dotados orzamentariamente:

Persoal laboral fixo.

1. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: axente de protección civil.

2. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: arquitecto/a técnico.

3. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: condutor de recollida de lixo.

4. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: catro. Denominación: peóns de recollida de lixo.

5. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: peóns de mantenemento de luz pública.

6. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: psicólogo/a.

7. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: educador/a familiar.

8. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: asistente social.

9. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: tres. Denominación: auxiliares de axuda no fogar.

10. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: axente de desenvolvemento local.

11. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: persoal xeral de servizos adscrito ao Centro de Saúde da Agualada.

12. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: persoal xeral de servizos adscrito ao Centro de Saúde de Coristanco.

13. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: persoal xeral de servizos adscrito ao CPI da Braña-Erbecedo.

14. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: persoal xeral de servizos adscrito ao CPI da Agualada.

15. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: persoal xeral de servizos adscrito ao Edificio de Servizos Múltiples.

16. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: dúas. Denominación: monitores deportivos.

17. Clasificación do posto: laboral fixo a tempo completo. Número de vacantes: unha. Denominación: tractorista.

Segundo. Ordenar a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e anuncio resumido no Diario Oficial de Galicia, para efectos de cumprimento do artigo 70 do Estatuto básico do empregado público.

E para que así conste, para efectos correspondentes, mándase publicar no Diario Oficial de Galicia.

Coristanco, 21 de marzo de 2014

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde