Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16366

VI. Anuncios

b) Administración local

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo

ANUNCIO da suspensión da tramitación do expediente para a contratación da subministración da reposición de once centros de transformación eléctricos de media tensión afectados por actos de vandalismo no parque empresarial de Nantes (Sanxenxo).

A Presidencia do organismo autónomo da Xerencia Municipal de Urbanismo, por Resolución do 27 de marzo de 2014, acordou suspender os efectos da Resolución do 14 de marzo de 2014 que aprobou o prego de prescricións técnicas e a tramitación sucesiva do expediente de contratación da reposición de once (11) centros de transformación eléctricos de media tensión afectados por actos de vandalismo no parque empresarial de Nantes-Sanxenxo e, polo tanto, suspender a tramitación do referido expediente mentres tanto non finalice a tramitación do recurso administrativo interposto pola mercantil Sociedad Industrial Eléctrica de Galicia, S.A. (Inelga) mediante escrito presentado no Rexistro de Entrada do Concello de Sanxenxo, o 25 de marzo de 2014, co número 1720.

Sanxenxo, 27 de marzo de 2014

Catalina González Bea
Presidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo