Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16365

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da impartición de accións formativas no concello (PIEP VIII).

Por Decreto da Alcaldía, do 27 de marzo de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 09/14).

2. Obxecto do contrato: impartición de accións formativas no Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto.

4. Orzamento de licitación: 15.200 € (exento de IVE), dividido en seis lotes (lote 1: loxística 1.500 €; lote 2: distribución e comercio 4.000 €; lote 3: xestión e administración 2.600 €; lote 4: alimentario e hostalaría 3.000 €; lote 5: idiomas 2.100 €; lote 6: informática 2.000 €) a impartir antes do 31.7.2014.

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 27 de marzo de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde