Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16364

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Brollón

ANUNCIO relativo ao núcleo rural de Lamaigrexa.

Por Decreto do 20 de marzo de 2014, resólvese o inicio de expediente de delimitación e acreditación de preexistencia do núcleo rural de Lamaigrexa, parroquia de Lamaigrexa, do termo municipal da Pobra do Brollón. O que se fai público polo prazo dun mes para os efectos previstos no número 2 da disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, na redacción dada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro. O expediente estará ao dispor de quen queira consultalo nas oficinas do concello, das 9.00 ás 14.00 horas.

A Pobra do Brollón, 19 de marzo de 2014

José Luis Maceda Vilariño
Alcalde