Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 27 de marzo de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se lle notifica a resolución recaída na solicitude de compatibilidade formulada por Alejandro Veres Racamonde.

Con data do 21.2.2014 o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada pola conselleira de Facenda en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG núm. 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), ditou resolución pola que se autoriza a solicitude de compatibilidade presentada por Alejandro Veres Racamonde.

Logo de tentar dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo, por caducado tras os dous intentos en que consta ausente de repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalle a Alejandro Veres Racamonde a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente, recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados, en ambos os casos, a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública