Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 28 de marzo de 2014 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, por procedemento aberto, tramitación urxente e non suxeito a regulación harmonizada, do servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidade de Medicina do Traballo, para o persoal docente destinado en centros públicos non universitarios dependentes desta consellería.

Advertido erro na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 65, do 3 de abril de 2014, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 14842, no punto 7. Presentación de ofertas, queda do seguinte xeito:

«a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do décimo (10) día natural posterior á publicación deste anuncio de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia, agás que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o día hábil seguinte».