Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 31 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo se lle notifica a Racionalización de Servicios Navales, S.L. a Resolución do 20 de marzo de 2014, desta consellería, pola que se acorda a iniciación do procedemento de reintegro da subvención concedida o abeiro da Orde do 22 de xullo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 (expediente CEI-SXT-2014/11).

Intentada a práctica da notificación a Racionalización de Servicios Navales, S.L. da Resolución do 20 de marzo de 2014, desta consellería, pola que se acorda a iniciación do procedemento de reintegro da subvención concedida á dita persoa xurídica no ano 2009, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio.

O interesado poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Polo anterior e de conformidade co establecido no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle ao interesado un prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución co fin de que poida facer as alegacións e presentar os documentos e xustificantes que considere oportunos para a defensa dos seus intereses.

De acordo co artigo 35 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, esta resolución interrompe o prazo de prescrición de que dispón a Administración para exixir o reintegro parcial da subvención concedida ao interesado.

O artigo 38.5 da citada lei establece que o prazo para resolver este procedemento será de 12 meses desde a data do acordo de iniciación. Se transcorre o dito prazo para resolver sen que se notificase a resolución expresa, producirase a caducidade do procedemento.

Persoa xurídica a que vai dirixida esta notificación:

Racionalización de Servicios Navales, S.L. CIF: B27703271.

Último enderezo coñecido: Centro de Negocios Agoramagna, Oficina 8, Travesía da Coruña, 4, 36208 Vigo.

Data da resolución: 20 de marzo de 2014.

Asunto: expediente-CEI-SXT-2014/11 Resolución do 20 de marzo de 2014 pola que se acorda a iniciación do procedemento de reintegro da subvención concedida a Racionalización de Servicios Navales, S.L. o abeiro da Orde do 22 de xullo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria