Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17214

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da infraestrutura eléctrica denominada substación Troncal 132 kV-ampliación MT, situada no termo municipal de Vigo e promovida por Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2013/241-4).

Logo de examinar o expediente instruído a pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. A subestación eléctrica Troncal 132/15 kV de Unión Fenosa Distribución, S.A., situada nas rúas travesía de Vigo e Cantabria en Vigo, no termo municipal de Vigo, componse de:

– Un parque de 132 kV, blindado e con illamento en SF6, en interior de edificio, en configuración dobre barra e integrado por tres posicións de liña, dúas de transformador, acomplamento transversal e medida de barras.

– Dous transformadores de 132/15 kV, de 50 MVA cada un.

– Un parque de 15 kV constituído mediante celas blindadas, illamento en aire, en interior de edificio, configuración dobre barra e integrado por oito celas de liña de saída dobre cada unha, seis celas de liña de saída simple, dúas de transformador de potencia, unha de servizos auxiliares, unha de medida de tensión e unha de acoplamento transversal.

Segundo. O 16.10.2013 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou solicitude de autorización administrativa e aprobación de proxecto de execución da infraestrutura eléctrica denominada subestación Troncal 132 kV-ampliación MT, acompañada da preceptiva documentación a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Este proxecto prevé a ampliación do parque de 15 kV da citada subestación eléctrica Troncal, mediante a instalación de dúas novas celas de liña (blindadas, con illamento en aire e dobre xogo de barras), na mesma sala e a seguir das existentes:

– 1 cela de liña, dobre barra de saída simple para alimentación da nova estación ferroviaria de Vigo.

– 1 cela de liña, dobre barra de saída dobre, unha para o ADIF e a outra que queda como reserva.

Terceiro. O 18.10.2013 a Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria (en diante, xefatura territorial) ditou resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización da devandita infraestrutura eléctrica, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 13.11.2013 e no Boletín Oficial da provincia do 12.11.2013.

Durante o período en que o devandito proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto. Ademais, a xefatura territorial trasladou unha separata técnica do dito proxecto ao Concello de Vigo, na súa calidade de administración con bens e dereitos afectados pola mencionada infraestrutura eléctrica, para os efectos de obter o seu informe ao respecto.

Este concello non contestou a esta petición de informe nin a reiteración desta petición. Por tanto, conforme o disposto nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, enténdese a súa conformidade coa autorización da instalación, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Quinto. O 18.10.2013 a xefatura territorial emitiu informe favorable sobre o proxecto de execución da devandita infraestrutura eléctrica.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria; no Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; e coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. O proxecto de execución axústase aos regulamentos de aplicación e no expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites establecidos no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

De conformidade co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. Autorizar administrativamente a infraestrutura eléctrica denominada subestación Troncal 132 kV-ampliación MT, situada no termo municipal de Vigo e promovida por Unión Fenosa Distribución, S.A.

2. Aprobar o proxecto de execución da infraestrutura eléctrica que se cita.

Todo isto con suxeición ás seguintes condicións:

Primeira. A infraestrutura eléctrica que se autoriza terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa promotora Unión Fenosa Distribución, S.A., asinado polo enxeñeiro industrial Carlos Cristóbal Dolado (colexiado nº 17068 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid) e visado por este colexio con nº 201303251 e data 18.9.2013, e no cal figura un orzamento de 164.912,00 euros.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento se deberá cumprir canto establecen os regulamentos técnicos de aplicación, así como as demais normativas e directrices vixentes aplicables.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa desta dirección xeral.

Non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes e comunicará a esta dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Quinta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a xefatura territorial, quen deberá outorgala tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

Sexta. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas