Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 31 de marzo de 2014, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a incoación do 21 de marzo de 2014, ditada no expediente sancionador AC-55/14, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á titular que no anexo se menciona no anexo a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luís Martínez Sieira, do cal os interesados poden promover a recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A resolución do presente procedemento por infracción leve correspóndelle á xefatura da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da dita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro), e respecto do artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución deste procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

A interesada disporá dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 31 de marzo de 2014

P.S. (Resolución 30.1.2014)
Crisanto Jesús Lamela Rozas
Xefe da Sección de Infraestrutura Turística

ANEXO

Expediente: AC-55/14.

Denunciada: Carmen Dieste Dieste.

NIF: 76493448W.

Establecemento: Café Bar Dieste.

Enderezo: lugar de Triñáns, bloque 68.

Localidade: Boiro.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, alíneas a) e b) da Lei 7/2011.

Incoación: 21 de marzo de 2014.

Sanción: multa de douscentos euros (200 €).